Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Non sei o que pensades todos vós, pero eu creo que a cerimonia de entrega dos Óscar xa non é o que era... Como vai ser favorita Brokeback Mountain? Algún de vós a viu? Sinceramente, non perdades o tempo... A película no canto de tratar a dura vida dos vaqueiros, trata do suposto "amor" entre dous deles, e máis que parecer un filme romántico, parece un anuncio de Marlboro... Boeno, polo menos a fotografía é boa, diso non se pode un queixar... Como podedes ver na parte superior do blogue, hai unha enquisa para que elixades a vosa película favorita (dentro das candidatas) para optar ó galardón coma millor película, todo por cortesía de interrogantes.com... O único voto existente é o meu... Aínda que non a vin enteira, Munich parece ser a millor película das nominadas, aínda que trala polémica servida pola descrición que Spielberg fixo dos acontecementos, é pouco probable que esta peli leve o premio... Vós opinade, digan cal é a preferida... Autor: Miguel Fecha: 06/03/2006 08:27. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras